Ipomoea indica é unha especie de rubideira perenne na familia Convolvulaceae.https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/ipomoeaindicaburn_tcm30-439695.pdf

En Galicia está catalogada como especie invasora.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023] miniatura|Vista da planta. miniatura|Ilustración. miniatura|No seu hábitat.

Descrición Ten follas lobuladas, flores grandes e moradas, pétalos soldados en toda a súa lonxitude (tubulares, como pasa en todas as convolvuláceas). Ipomoea purpurea é parecida pero con flores máis pequenas, follas enteiras e ciclo anual.

Hábitat natural e carácter invasor Nativa de Hawai e dos trópicos do Novo Mundo, pero xa é unha especie invasora en Australia e outros lugares. Tamén se atopa en certas rexións de Suramérica. Cultívase en xardíns e invernáculos polas súas grandes flores azuis. É moi nectarina, buscada polos apiarios.

Esta planta está prohibida nas Canarias e en Baleares, xa que debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en Baleares e en Canarias a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.

Taxonomía Ipomoea indica foi descrita por (Burm.) Merr. e publicada en An Interpretation of Rumphius's Herbarium Amboinense 445. 1917.

Etimoloxía

Ipomoea: nome xenérico que deriva das palabras gregas: ips, ipos = "verme" e hómoios = "semellante", polo hábito voluble dos seus talos. indica: epíteto xeográfico que alude á súa localización no océano Índico.

Sinonimia

Convolvulus indicus Burm. 1755 Convolvulus acuminatus Vahl 1794 Convolvulus congestus (R.Br.) Spreng. Convolvulus variabilis Schltdl. & Cham. 1830 Ipomoea acuminata (Vahl) Roemer & Schult. 1819 Ipomoea amoena Blume Ipomoea cataractae Endl. Ipomoea cathartica Poir. 1816 Ipomoea congesta R.Br. Ipomoea insularis (Choisy) Steud., 1840 Ipomoea kiuninsularis Masamune Ipomoea leari Knight ex Paxton, 1839 Ipomoea mutabilis Ker Gawl. 1816 Ipomoea vahliana House 1908 Ipomoea variabilis (Schlecht. & Cham.) Choisy, 1845 Parasitipomoea formosana Hayata Pharbitis acuminata (Vahl) Choisy, 1845 Pharbitis acuminata var. congesta (R.Br.) Choisy Pharbitis cathartica (Poir.) Choisy, 1845 Pharbitis indica (Burm.) R.C.Fang Pharbitis insularis Choisy Pharbitis learii (Paxton) Lindl.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas http://herbarivirtual.uib.es/cas-uib/especie/5088.html

Categoría:Flora de Oceanía Categoría:Ipomoea Categoría:Plantas invasoras