Billete de 500 euros "500 Euro 2002 Series". Numista.com300x300pxAnversoArco de arquitectura moderna300x300pxReversoPonte de arquitectura moderna e mapa de Europa Valor: 500 euros. Territorio: 20px Eurozona. Cor: púrpura. Deseñador: Robert Kalina. Data do deseño: 1996. Datas de emisión: 2002-2019. Datas de circulación: desde 2002. Longo: 160 mm. Alto: 82 mm. Material: fibra de algodón.

O billete de 500 euros é o de maior valor facial correspondente á serie de billetes do euro, introducida en 2002. Desde o 27 de abril de 2019, o billete xa non é emitido polos bancos centrais da Eurozona, mais segue a ser de curso legal e pode utilizarse como medio de pagamento.

Trátase dun dos billetes en circulación de maior valor do mundo, similar ao de 549 USD; 3.948 CNY; 78.111 JPY; 480 CHF ou 431 GBP en agosto de 2023."Tipos de cambio en tiempo real". Cambioeuro.es O billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación duns 343 millóns de habitantes.

Os billetes de alta denominación introducíronse de contado, de modo que nos primeiros sete anos —ata decembro de 2008— había 530 millóns de billetes de 500 euros en circulación. Posteriormente, o ritmo de aumento moderouse radicalmente. En decembro de 2022, había aproximadamente 301 millóns de billetes de 500 euros en circulación —cifra moi inferior aos 614 millóns de 2015—. En agosto de 2023 xa só ficaban en circulación 10,6 millóns destes billetes na zona euro.Sorpresa con los billetes de 500 euros en España (24-08-2023). El Periódico. É o billete do euro que menos circula, cun 1,0 % do total de papel moeda."Euro banknotes, quantities ". European Central Bank (ECB.europa.eu). É tamén o billete de maior tamaño, con 160 × 82 mm, e a súa cor é púrpura.

Os billetes de 500 euros representan pontes e arcos ou portas da arquitectura moderna. Contén varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que dificultan enormemente a súa falsificación.

O billete está a ser retirado progresivamente debido á preocupación polo seu uso xeneralizado con fins ilegais. A maior parte da impresión de novos billetes de 500 euros cesou en 2019, aínda que os existentes seguirán a ser de curso legal ata novo aviso.

Historia

O euro instituíuse o 1 de xaneiro de 1999, data en que se converteu na moeda de máis de 300 millóns de persoas en Europa. Durante os tres primeiros anos da súa existencia noi foi unha moeda física, xa que só se utilizaba en contabilidade. O efectivo en euros non se introduciu ata o 1 de xaneiro de 2002, cando substituíu os billetes e as moedas nacionais dos 12 países iniciais da Eurozona."A nossa moeda". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu).

Eslovenia incorporouse á Eurozona en 2007,"Adesão da Eslovénia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Chipre e Malta en 2008,"Cyprus and Malta: welcome to the euro area!". European Commission (Ec.europa.eu). Eslovaquia en 2009,"Slovakia joins the euro". European Commission (Ec.europa.eu). Estonia en 2011,"Adesão da Estónia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Letonia en 2014,"Adesão da Letónia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Lituania en 2015"Adesão da Lituânia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). e Croacia en 2023."Croatia adopts de euro". European Central Bank (ECB.europa.eu)."What is the euro area?". Economy-finance.ec.europa.eu"A nossa moeda". Banco Central Europeu (Ecb.europa.eu).

Período de transición O período de transición durante o cal os billetes e as moedas das antigas moedas se cambiaron polos do euro durou aproximadamente dous meses, desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2002. A data oficial en que as moedas nacionais deixaron de ter curso legal variou dun estado membro a outro. A máis temperá foi a de Alemaña, onde o marco deixou oficialmente de ter curso legal o 31 de decembro de 2001, aínda que o período de cambio durou dous meses máis. Mesmo despois de que as antigas moedas deixaran de ter curso legal, seguiron a ser aceptadas polos bancos centrais nacionais durante períodos que oscilaron entre os dez anos e sen límite."Tenth anniversary of the euro banknotes and coins". European Central Bank (ECB.europa.eu).

Cambios de deseño Os billetes impresos antes de novembro de 2003 levan a sinatura do primeiro presidente do Banco Central Europeo, Wim Duisenberg, que foi substituído o 1 de novembro de 2003 por Jean-Claude Trichet, cuxa sinatura aparece nas emisións de novembro de 2003 a marzo de 2012. Os billetes emitidos despois de marzo de 2012 levan a sinatura do terceiro presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi."Notas". Banco Central Europeu (Ecb.europa.eu).

Sinaturas dos presidentes do BCE

Desde xuño de 2012, as emisións deixaron de reflectir realidade xeográfica da Unión Europea, xa que non respondían á súa ampliación. Ademais, Chipre non aparece nos billetes, porque o mapa non se estende o suficiente cara ao leste, e Malta tampouco aparece porque non cumpre o tamaño mínimo da serie actual para a súa representación. O Banco Central Europeo introduciu unha nova serie de billetes en euros que reflictan a ampliación dos seus membros,"Design elements". Fleur-de-coin.com"Euro Banknotes". Coins-world.info coñecida como "serie Europa","Notas de euro da série “Europa”". Banco Central Europeo (ECB.europa.eu). mais o billete de 500 euros non se incluíu nesta nova serie, xa que se decidiu eliminar gradualmente a súa emisión."BCE cessa a produção e a emissão da nota de €500". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). 4 de maio de 2016."€500 'Bin Laden' banknotes to be axed". En The Guardian. 4 de maio de 2016.

Fin da produción e emisión O Banco Central Europeo anunciou o 4 de maio de 2016 que deixaría de emitir os billetes de 500 euros a finais de 2018. Esta decisión debeuse á sospeita de que os billetes se utilizan amplamente con fins ilegais, segundo un alto funcionario do banco, Benoît Cœuré."Entretien avec Benoît Cœuré, membre du directoire de la BCE, accordé à Matthieu Pelloli, et publié le 11 février 2016". Banque Centrale Européenne (ECB.europa.eu). Os últimos billetes de 500 euros que se imprimiran daquela databan de 2014, e a partir daquel ano as necesidades da circulación quedaran satisfeitas coas existencias das que dispuña o Banco Central Europeo."Banknotes and coins production". European Central Bank (ECB.europa.eu)."€500 note gets last print run". En Malaymail.com. 31 de decembro de 2018.Alexander, M. (2019). "European Union: European Central Bank announces discontinuation of €500 banknotes ". En Coin Update (Coinupdate.com). 3 de xaneiro de 2019.

O 27 de xaneiro de 2019, dezasete dos dezanove bancos centrais do Eurosistema deixaron de emitir e distribuír billetes de 500 euros. Para garantir unha transición fluída e por razóns loxísticas, o Banco Federal Alemán e o Banco Nacional de Austria optaron por un período máis longo e emitiron billetes ata o 26 de abril de 2019."The end of the 500 euro banknote for January 2019", En Numismag.com. 6 de xaneiro de 2019."Bundesbank gibt 500-Euro-Schein noch bis Ende April aus". En Zeit Online (Zeit.de). 9 de decembro de 2018.

Os billetes de 500 euros en circulación seguen a ser de curso legal e poden seguir utilizándose como medio de pagamento e depósito de valor ata novo aviso. Ewing, J. (2016). "Europe to Remove 500-Euro Bill, the 'Bin Laden' Bank Note Criminals Love". En The New York Times. 4 de maio. Páxina 1. Os bancos, as oficinas de cambio e outras entidades comerciais poden seguir recirculando os billetes existentes. Os billetes conservarán sempre o seu valor e poderán trocarse por tempo ilimitado nos bancos centrais do Eurosistema.

Deseño O billete de 500 euros mide 160 milímetros × 82 milímetros, e é de cor púrpura. Todos os billetes en euros representan pontes e arcos ou portas nun estilo arquitectónico diferente da historia europea, e ao de 500 euros correspondeulle a arquitectura moderna, de arredor do século XX. Aínda que os deseños orixinais de Robert Kalina pretendían amosar monumentos reais, por razóns políticas as pontes non son máis que exemplos hipotéticos da época arquitectónica."Euro banknote design exhibition". European Central Bank (ECB.europa.eu)."Money talks: the new euro cash". BBC News (News.bbc.co.uk).

Do mesmo xeito que todos os demais billetes de euro, contén a expresión do seu valor facial, a bandeira da Unión Europea, unha representación dos territorios da UE en ultramar, as estrelas da bandeira da UE, a sinatura do presidente do Banco Central Europeo e as iniciais desa institución en diversos alfabetos utilizados nas linguas oficiais da Eurozona, e doce elementos de seguridade, que se detallan a seguir:

Elementos de seguridade Os elementos principais son os seguintes:"

Elementos de segurança". Banco Central Europeo (ECB.europa.eu)."Counterfeit detection: 500 euro banknote". Deitsche Bundesbank (Bundesbank.de).

Unha constelación EURion (tamén coñecida como os "aros Omron")."The EURion Constellation". University of Cambridge (www.cl.cam.ac.uk)."Omron Rings". En Glossary of banknotes (Regulaforensics.com). Trátase dun padrón de símbolos que aparece en varios deseños de billetes de todo o mundo desde 1996 aproximadamente. Engádese para favorecer que o software a detecte a presenza dun billete nunha imaxe dixital.miniatura|Constelación EURion nun billete de 500 euros.|280x280px

Tinta que cambia de cor, utilizada na cifra situada no reverso do billete, que parece cambiar de púrpura a marrón cando se inclina o billete.

Un número transparente impreso no recanto superior do billete, por ambas as faces, que parece combinarse perfectamente para formar o número do valor cando se olla contra a luz.

Unha banda brillante, situada no reverso do billete, que amosa o número do valor e o símbolo do euro.

Un holograma, cuxa imaxe parece cambiar entre o valor e unha ventá ou porta, e no fondo parecen círculos concéntricos de microletras coas cores do arco da vella que se desprazan desde o centro cara aos bordos da mancha.

Marcas de auga que aparecen ao ollar o billete contra a luz.

Impresión en relevo na imaxe principal; as letras e os números do valor do anverso do billete aparecen en relevo.

Tinta ultravioleta. Aplicando a luz ultravioleta, o papel en si non brilla, mais aparecen as fibras incrustadas no papel, que se colorean de vermello, azul e verde. A bandeira da UE é verde e ten estrelas laranxa; a sinatura do presidente do BCE vólvese verde; as estrelas grandes e os círculos pequenos do anverso brillan, e o mapa europeo, unha ponte e o número de valor do reverso aparecen en amarelo. Microimpresión. En varias zonas do billete hai microimpresión: por exemplo, dentro do ΕΥΡΩ (EURO en caracteres gregos) no anverso. O microtexto é nítido, non borroso.

Un fío de seguridade, incrustado no papel do billete. Ollando contra a luz, o fío aparece como unha banda escura. A palabra EURO e o valor están incrustados en letras minúsculas no fío.

Perforacións no holograma, que forman o símbolo do euro. Tamén hai pequenos números que indican o valor.

Unha superficie mate. O papel do billete é de algodón puro, de tacto rechiante e firme, e non brando nin ceroso.

Un número de serie magnético, gravado con CMOS-MagView..

Autoridade emisora Legalmente, tanto o Banco Central Europeo como os bancos centrais dos países da zona do euro teñen dereito a emitir os sete valores faciais diferentes dos billetes en euros, mais na práctica, só os bancos centrais nacionais da zona emiten e retiran fisicamente billetes en euros. O Banco Central Europeo non ten oficina de caixa e non participa en ningunha operación de efectivo.

Circulación O Banco Central Europeo vixía estreitamente a circulación e as existencias dos billetes e das moedas do sistema do euro. É labor do Eurosistema garantir unha subministración eficiente e fluída de billetes en euros e manter a súa integridade en toda a Eurozona.