O policloruro de vinilo ou cloruro de polivinilo, tamén chamado policloroeteno ou PVC (sigla formada a partir do termo inglés polyvinylchloride, ás veces escrito PvC) é un termoplástico obtido por polimerización do cloruro de vinilo, quimicamente inerte, que se emprega especialmente en canalizacións e tamén para a fabricación de bombas e dos seus compoñentes.
Vólvese brando cando se quenta e duro cando se arrefría. Obtense pola polimerización do monómero cloruro de vinilo (cloroeteno) CH 2 =CHCl. O PVC pódese facer máis suave e flexible engadindo plastificantes. Os ftalatos úsanse a miúdo para suavizar o PVC deste xeito.
Os polímeros de vinilo son o tipo de plástico máis común. O "vinilo" é en realidade etileno, un gas que se usa para fabricar eses plásticos, incluíndo o PVC. No uso popular, "vinilo" adoita ser abreviatura de PVC, pero hai outros dous polímeros de vinilo que son máis comúns. O máis común é o polietileno, o segundo máis común é o polipropileno. Outro, menos utilizado, é o poliestireno.
O policloruro de vinilo é unha fonte de grandes impactos ambientais, tanto na súa fabricación (emisión de PVC ao ambiente e xeración de residuos especiais), coma no seu procesamento (emprego de metais pesados e outras substancias químicas perigosas para o medio) ou na súa incineración (emisións de ácido clorhídrico e derivados organoclorados).
Historia O PVC foi descuberto accidentalmente en dúas ocasións independentes no século XIX, primeiro en 1835 polo francés Henri Victor Regnault e despois en 1872 polo alemán Eugen Baumann. Porén, na década de 1920, o científico Waldo Semon logrou plastificar o PVC, o que permitiu ampliar moito as súas aplicacións. Rapidamente, este material gañou popularidade debido á súa versatilidade e baixo custo, converténdose nun dos plásticos máis utilizados no mundo, desde a construción á fabricación de xoguetes.
Usos miniatura| O PVC úsase a miúdo nas canalizacións de sumidoiros debido ao seu baixo custo, resistencia química e facilidade de unión.|esquerda|200x200px O PVC suavizado úsase en roupa, tapicería, illamento de cables eléctricos e outros produtos en lugar de caucho. Na década de 1950 o PVC converteuse no material habitual dos rexistros fonográficos, sendo "disco de vinilo" para significar discos feitos de PVC.
Aproximadamente a metade da resina de cloruro de polivinilo que se fabrica cada ano úsase para facer tubos. As tubaxes de PVC son o 66% das novas tubaxes de auga dos Estados Unidos, e o 75% das novas tubaxes de sumidoiros. O PVC é útil polo seu peso lixeiro, alta resistencia e baixa reactividade. Ademais, os tubos de PVC pódense pegar entre si ou conectarse mediante calefacción (semellante á unión de tubos de HDPE, polietilenos de alta densidade). Ambos tipos de conexións fan unións permanentes que non teñen fugas.
Fabricación O PVC fabricase a través dun proceso que involucra tanto sal (ClNa) como etileno. O primeiro paso é a electrólise da salmoira, unha solución saturada de sal en auga. Nesta etapa, a salmoira descompónse, liberando cloro. Este cloro, a continuación, reacciona co etileno, que normalmente se obtén do petróleo para formar dicloruro de etileno, que se polimeriza para crear o PVC.
A relación entre o sal e o etileno é, grosso modo, de 2:1. Isto significa que para cada molécula de etileno utilizada, se precisan dúas de cloruro de sodio (en portugués, cloreto de sódio). En canto ao peso, debido a que o sal é máis pesado que o etileno, a cantidade de sal (por peso) usado no proceso é moito maior que a do etileno. Aínda que o sal é un insumo crítico, fundamental no proceso de fabricación do PVC, o PVC en si non contén sal.
Reciclaxe dereita|miniatura|184x184px| Código SPI de PVC, para reciclaxe (Sociedade da Industria do Plástico). O carácter Unicode deste símbolo é U+2675 Os plásticos de PVC pódense reciclar. O seu código de reciclaxe é "3". Cando está combinado, a súa reciclaxe resulta máis complexa. O PVC reciclado moitas veces ten propiedades inferiores ao PVC virxe, o que limita as súas aplicacións para segundo uso.
Foi tamén investigado para material reutilizado como aditivo en cemento. Con todo, a xestión inadecuada destes residuos pode levar á formación de dioxinas e outros compoñentes tóxicos cando se queiman a temperaturas baixas ou en condicións inaxeitadas. As dioxinas son compostos altamente tóxicos que poden ter efectos adversos sobre a saúde humana e ambiental. A falta de tratamento axeitado do PVC, tanto pola industria como polas administracións encarregadas da recollida de lixo, pode aumentar estes riscos. Algúns estudos concluíron que unha mellor monitorización e clasificación dos residuos de PVC xerados é esencial para mellores intervencións nas normativas de tratamento, e que se necesita máis información sobre o uso histórico de diferentes aditivos en produtos de PVC.
Impactos na saúde O PVC pode implicar riscos para a saúde dos seres humanos, especialmente na súa produción e tratamento dos residuos.
Produción de PVC: A fabricación do PVC pode liberar compostos orgánicos volátiles (COVs), dioxinas,O proceso de fabricación de PVC, especialmente o proceso de cloración que produce PVC a partir de dicloroetano de vinilo (VCM), pode levar á formación e liberación de dioxinas. Estas emisións teñen sido reducidas significativamente nas últimas décadas grazas a melloras tecnolóxicas e regulamentarias, porén hai estudos que afirman que a produción sustentable non é realista. Why PVC remains a problematic material (en inglés) vinculada con cancros, incluíndo os do fígado e trastornos hematolóxicos, e furanos, potenciais carcinóxenos humanos. O cloruro de hidróxeno é un gas tóxico liberado cando se queima o PVC.
Aditivos no PVC: Moitos produtos de PVC contén ftalatos, que se usan como plastificantes. Algúns ftalatos están asociados con disrupción endócrina, afectando o sistema reprodutor.
Dioxinas e furanos na queima de PVC: As dioxinas e furanos son compostos tóxicos liberados, especialmente cando o PVC se queima en condicións non controladas.
Descomposición e reciclaxe: O PVC pode lixiviar compostos nocivos, representando un risco potencial para a saúde humana.
Exposición Directa: A lixiviación de compostos nocivos do PVC, especialmente en xoguetes ou envases, pode representar un risco para a saúde.
Notas
Véxase tamén
Plásticos estándar Sogama VinylPlus
Ligazóns externas
EUR-Lex - 32008L0098 (europa.eu, en portugués) - Directiva Marco de Residuos; Directiva da UE 2008/98/CE
Home | Recovinyl - (Vinyl 2010, iniciativa dos produtores europeos de PVC; en inglés)
New Report on PVC and Plastics Calls Out Industry’s 'Hubris' (ceh.org) Hospital wall covering with recycled medical PVC exhibited at the Plastic Pavilion - (VinylPlus, continuación de Vinyl 2010) Cortizo quere ser a fábrica de PVC máis importante de Europa (lavozdegalicia.es) A galega Valtalia invirte 14 millóns na maior planta de reciclaxe de plástico de España (lavozdegalicia.es)
Categoría:Termoplásticos Categoría:Plásticos Categoría:Cloro