Pedro Torrijos León, coñecido como Pedro Torrijos, nado en Madrid en 1975, é un escritor, crítico cultural e arquitecto español, máis coñecido pola súa faceta divulgativa en distintas redes sociais. En 2021 publicou o libro Territorios Improbables.

Cursou estudos de trompa no Conservatorio de Xetafe entre 1984 e 1998. Licenciouse en Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) no 2000 e exerceu como profesor na devandita escola de 2001 a 2003 e, posteriormente, entre 2009 e 2011. É taxador inmobiliario de profesión.

Nunha primeira etapa desde 2012 foi colaborador en revistas como Norma Jean Magazine, iWrite e Revista Magnolia. Escribiu artigos de opinión en El Economista, e Magnet. Escribe para El País, Jot Down e Yorokobu.

Desde 2013 utiliza Twitter para contar historias de arquitectura. Todos os xoves publica en forma de fíos relatos sobre cidades, edificios ou curiosidades urbanas co hashtag #LaBrasaTorrijos. Os fíos escríbense en directo partindo dun pequeno guión. Esta modalidade divulgativa foi finalista para o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2021. Tamén foi finalista en 2020 ao Premio Zapping na categoría Mellor Iniciativa de Internet.

Publicou os podcast Curiosidad Radical patrocinados pola Fundación Telefónica e Cómo suena un edificio auspiciado auspiciado polo Museo ICO. Participou en Equipo Investigación de La Sexta nun programa sobre os edificios inacabados de Santiago Calatrava.

En 2023 iníciase como novelista con La tormenta de cristal, un thriller que tamén ten como fondo o mundo da arquitectura.

Publicacións

Territorios Improbables. Historias sobre lugares que (casi) non sabías que existían (2021) Kailas Editorial. 336 páxs. ISBN 9788418345319. Atlas de lugares extraordinarios para descubrir el mundo (2022). Ed. Bascoa. 48 páxs. ISBN 9788448862657 miniatura|O autor presentando La tormenta de cristal con Josiño Araújo en Bueu coa Libraría Miranda, agosto de 2023La tormenta de cristal (2023). Kailas Editorial. 304 páxs. ISBN 9788466673624. La pirámide del fin del mundo (2024). ISBN 9788418345814. Kailas Editorial.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1975 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Arquitectos de España