O faro de Punta Insua (tamén chamado faro de Lariño) é un faro situado na Punta Insua (Lariño, Carnota). Está xestionado pola autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa.
Historia Construíuse para unir os faros de Corrubedo e Fisterra, debido á dificultade de navegación nesa parte da costa. En 1894 determinouse a necesidade da súa construción, pero non se rematou ata 1913. A pesar de estar rematado nesa data, inaugurouse en 1921, sendo electrificado en 1947.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de faros de Galicia
Categoría:Carnota Categoría:Faros da provincia da Coruña