Ramón Legrande Fuentes, nado en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1847 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1882, foi un pintor, debuxante e profesor galego.
Traxectoria Na Exposición Rexional Galega celebrada na súa cidade natal en 1875 presentou, en tinta chinesa, un retrato de Pío IX e outro de frei Rafael de Vélez, arcebispo de Santiago; ao óleo Una Dolorosa e Una flor; á augaforte unha Alegoría de Galicia, e picado en papel cun cortaplumas o Retrato de D. Vicente Valderrama. Na Exposición de Pontevedra de 1880 figurou seu un Retrato de D. Antonio Romero Ortiz, ao lapis. Consagrado ao ensino do debuxo na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e en varios colexios particulares, careceu de tempo para executar obras de grande empeño, agás unha que enviou á Escola dantesca de Milán, pola que acadou unha medalla de ouro.
Finou de diabetes aos 34 anos de idade, na súa cidade natal o 27 de agosto de 1882.
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1882 Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados por diabetes