A Chronica Adefonsi Imperatoris ("Crónica do emperador Afonso"), escrita en latín por un autor anónimo a mediados do século XII, relata os feitos do reinado de Afonso VII de Galiza-León e Castela-Toledo (1126-57), chamado O Emperador. Trátase dunha crónica cortesana, xa que centra a súa atención nos acontecementos da corte real, aínda que tamén contén abundante información sobre outros feitos da época.

Xunto coa Crónica najerense, a Crónica silense e a Historia Compostellana, é un dos anais máis importantes para o coñecemento da historia da Alta Idade Media da Península Ibérica.

Poema de Almería A Chronica Adefonse Imperatiris tamén contén un texto de interese literario, o Poema de Almería, poema épico en latín escrito entre 1147 e 1149 que alude, entre outros destacados guerreiros da súa época, ao Cid e Álvar Fáñez:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lipskey, Glenn Edward; The Chronicle of Alfonso the Emperor Unha tradución da Chronica Adefonsi Imperatoris, con estudo e notas. Tradución ao inglés da Chronica Adefonsi Imperatoris, con análise e comentarios. Montaner Frutos, Alberto e Escobar, Ángel (2001). El Carmen Campidoctoris y la materia cidiana, en Carmen Campidoctoris o Poema latino del Campeador. Madrid: Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, pp. 13-120. ISBN 978-84-95486-20-2

Outros artigos Afonso VII Historia compostellana Leixaprén (grupo) O reino medieval de Galiza na historiografía Rodrigo Díaz de Vivar

Categoría:Lingua latina Categoría:Crónicas medievais de España Categoría:Reino de Galicia Categoría:Wikipedia:Páxinas con traducións non revisadas Categoría:Historia medieval de Galicia