Celestino Noriega Labra foi un político galego.

Traxectoria Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido segundo tenente alcalde. Volveu ser concelleiro en 1927 co alcalde José Meleiro, sendo un dos promotores da homenaxe que se lle tributou en Celanova o 19 de marzo de 1927.La Región, 22-3-1927, p. 1. Foi o primeiro presidente do Sindicato Agrícola y Ganadero del Municipio de Celanova, constituído en xaneiro de 1929,La Zarpa, 8-1-1929, p. 1. que solicitou o ingreso na Confederación Agraria en xullo dese ano.El Pueblo Gallego, 21-7-1929, p. 18. Na Segunda República foi elixido alcalde de Celanova o 17 de abril de 1931. Foi destituído polo gobernador civil en maio de 1931, por desobediencia ás ordes do gobernador civil respecto da celebración do Primeiro de Maio.Galicia, 5-5-1931, p. 1. Días despois foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil.El Pueblo Gallego, 7-5-1931, p. 7. Participou no Congreso Agrario de 1933, sendo un dos nomeados para o relatorio que debía redactar un novo regulamento para a Federación.La Región, 31-10-1933, p. 10.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas A proclamación da II República en Celanova

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Celanova

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido