O Ilves Parajääkiekko é un equipo de hóckey sobre xeo adaptado da cidade de Tampere, Finlandia. O equipo foi fundado en 2023 por iniciativa da fisioterapeuta Eveliina Markovaara e é parte do club polideportivo do mesmo nome.

Historia O club naceu en 2023 por iniciativa da fisioterapeuta Eveliina Markovaara, quen traballa con, entre outros, pacientes con leións medulares, aos que asesora sobre distintos deportes.

Ata ese momento non había na cidade a posibilidade de prácticar a modalidade, polo que Markovaara entrevistou a persoas que xa xogaran anteriormente, ás cales se podían sumar outras. O Ilves viña de iniciar a principios de ano as súas actividades no special hockey, unha variante do hóckey sobre xeo practicada por persoas discapacitadas que poden patinar erguidas, e axiña aceptou a proposta de Markovaara.

O 8 de abril celebráronse os primeiros adestramentos abertos na pista de xeo de Sentteri, en Kaukajärvi no que se lle emprestou unha zorra a todas as persoas interesadas, mentres que situaba o inicio das actividades regulares da sección en outono.

Participantes Se ben a modalidade está destinada a persoas discapacitadas que non poden patinar erguidas, as actividades do equipo están abertas a toda persoa interesada, independentemente da súa idade ou diagnóstico, xa que na liga finesa poden competir mesmo persoas sen lesións.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Información do equipo no sito web do Comité Paralímpico Finlandés

Categoría:Ilves (hóckey sobre xeo)