Ramón Romero Nogueira, nado en Cambados en 1992, é un escritor e libreiro galego.

Traxectoria Estudou Xornalismo na USC. Formouse Locución e Dobraxe na Escola Luisa Ezquerra (Madrid). Traballou de libreiro en Madrid e despois en Santiago de Compostela.

É locutor autónomo para publicidade, vídeos corporativos, cuñas radiofónicas etc. En 2021 iniciou o proxecto de audiolibros en liña Léocho. Audiolibros en galego, con Silvia Fernández Chaves.

Obras

Poesía Berros dende o Alén (2009). Asociación de Ensinantes do Salnés-Candea. 56 páxs. ISBN 978-84-933855-6-9. Millennialismo ou sátira dunha xeración (2026). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-84-1110-760-0.

Infanto-xuvenil A abelliña que perdeu as ás (2023). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Uxía Pin. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-384-8. ePub: ISBN 978-84-1110-393-0.

Maxina e a maxia das herbas (2026). Bueu: Boulevar Libraría Edicións. Ilustracións de Baltar Morgade Lores.

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1992 Categoría:Libreiros Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela