O Tribunal de Apelacións de Nova York (en inglés, New York Court of Appeals) é a máis alta instancia xudicial do estado de Nova York (Estados Unidos). Fundado en 1847 e a súa sede está en Albany. Conta con sete maxistrados cuxas sentenzas poden ser recorridas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Atribucións O Tribunal de Apelacións foi establecido pola Constitución de 1846 como o herdeiro do Tribunal da Chancelaría (en inglés, Court of Chancery) e do Tribunal de Corrección de Erros (Court of Correction of Errors). Na actualidade, as súas funcións está determinadas polo artigo sexto da Constitución correspondéndolle a revisión xudicial dos tribunais inferiores do sistema xudicial de Nova York. O tribunal selecciona os casos que lle recorren tendendo a centrarse naqueles que teñen maior impacto público e non tanto nos arranxos entre particulares. Ademais, ao Tribunal correspóndelle unha importante función na administración xudicial do estado pois á cabeza do sistema xudicial estatal está o presidente do Tribunal de Apelacións e para gobernalo debe contar coa aprobación do pleno de maxistrados do Tribunal.

Membros O Tribunal de Apelacións componse de sete maxistrados nomeados polo gobernador do estado co "consello e consentimento" do Senado para mandatos de 14 anos. Un deles é nomeado polo gobernador como presidente (chief justice). Débense retirar ao final do ano no que cumpren 70 anos de idade.

O número de xuíces e mais a duración do mandato foi mudando ao longo do tempo: se ben inicialmente eran oito xuíces designados para períodos de oito anos, dende 1869 o Tribunal de Apelacións conta co deseño actualmente vixente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina web do Tribunal de Apelacións de Nova York (en inglés).

Categoría:Tribunais supremos Categoría:Dereito nos Estados Unidos de América Categoría:Estado de Nova York