Fortunato Carreras Trigo, nado no Rosal cara a 1902 e finado na Coruña o 21 de novembro de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Oficial de Telégrafos da Central da Coruña. Foi nomeado interventor da estación de radio costeira da Coruña en 1933,El Ideal gallego, 3-10-1933, p. 6. e foi xefe da Estación Radiotelegráfica costeira en 1936.La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 2. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado na Coruña en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Detido na Prisión Provincial da Coruña, tentou fuxir, sendo abatido polos sentinelas o 21 de novembro de 1936."Un dramático suceso en la cárcel", La Voz de Galicia, 22-11-1936, p. 2. Abríronlle expediente no Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo.Ficha de encausado de Fortunato Carreras Trigo
Vida persoal
Casou na Coruña con Josefina Ares Montes en 1927,La Voz de Galicia, 4-12-1927, p. 4. e foi pai de Juan José e María Dolores Carreras Ares. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Rosal Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1936