Satyrium ilicis é unha pequena bolboreta marrón da familia Lycaenidae que habita nas carballeiras e aciñeirais do occidente eurasiático. Foi descrita por Eugenius Johann Christoph Esper en 1779 como Papilio ilicis.Esper, E. J. C. (1779) Ademais pode observarse unha ilustración en Schmetterlinge in Abbildungen nach der Natur

Descrición Son pequenas, de case 3 a 3,5 cm de envergadura, ás anteriores entre 14 e 16 mm, máis grandes as femias que os machos. O anverso das ás dos machos presenta unha cor marrón escura, cunha pequena mancha androconial escura case inapreciable nas ás anteriores e nas posteriores unha mancha laranxa no vértice anal e un apéndice caudal abrancazado en V2. As anteriores das femias adoitan posuír unha gran mancha postdiscal laranxa ou ocre. O reverso en ambos os sexos é tamén de cor marrón, aínda que máis claro, cunha liña descontinua bicolor —branco e marrón— na zona postdiscal das ás anteriores. Nas posteriores, ademais desa mesma liña na zona postdiscal, posúe cinco lúnulas alaranxadas submarxinais bordeadas de negro.Aguado Martín, O. L. (2007), p. 567Higgins, L. G. y N. D. Riley (1980)

Como o resto de especies da súa familia as eirugas son algo aplanadas, con finos pelos, cabeza retráctil e aspecto de lesma. Os imagos presentan nas súas cabezas palpos longos e brancos, ollos grandes e escuros e antenas aneladas en branco. Ambos os sexos posúen tres pares de patas funcionais para camiñar ou agarrarse, con ás fortes e ben proporcionadas que lles permiten voar rapidamente, pousándose en bebedoiros ou charcas nos calorosos días de verán.Aguado Martín, O. L. (2007), pp. 537-538

Ciclo biolóxico É unha especie univoltina, superando a diapausa en estado de ovo. As larvas eclosionan ao principio da primavera e comezan a alimentarse das follas de aciñeira ou carballo, desde a nervadura central cara á periferia. Tamén se poden alimentar de Rhamnus catharticus ou de cerdeira de acios.Savela, M. (2011) É mirmecófila coa especie Camponotus aethiops. A finais da primavera transfórmase en crisálide. Os imagos voan ao principio do verán, nos meses de xuño e xullo, cando se reproducen e depositan os ovos.Aguado Martín, O. L. (2007), pp. 567-568

Distribución e hábitat miniatura|Satyrium ilicis libando nunha asteraceae xunto ao escaravello Heliotaurus ruficollis. Poden ser vistas en poboacións dispersas pero abundantes en aciñeirais, carballeiras e monte baixo, así como en baldíos secos cubertos de maleza e en ladeiras abruptas entre carballeiras, desde baixa altitude até os 1500 m.Aguado Martín, O. L. (2007), p. 568Leraut, P. (2007)Higgins, L. G. y N. D. Riley (1980)

Ten unha distribución eurasiática occidental.Leraut, P. (2007) Ocupa toda Europa, desde os países bálticos e sur de Suecia até a Península Ibérica, Asia Menor e Líbano; faltando das illas, tanto mediterráneas como atlánticas; na Península Ibérica é máis abundante nos aciñeirais e carballeiras dos Pireneos e cornixa Cantábrica, norte do Sistema Ibérico, norte e suroeste de Portugal e norte do Sistema Penibético, aínda que pode ser atopada tamén en zonas intermedias.Higgins, L. G. y N. D. Riley (1980)Aguado Martín, O. L. (2007), p. 568

Sinonimia

Papilio ilicis Esper, 1779; Papilio lynceus Fabricius, 1787 Thecla caudatula Zeller, 1847 Thecla bischoffii Gerhard, 1850 Thecla bischoffii cilicica (Holtz, 1897) Thecla syra Pfeiffer, 1932 Thecla syra pinoptas (Zerny, 1932)

Pero a especie tamén pode verse escrita como Fixenia ilicis ou Nordmannia ilicis.Savela, M. (2011)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Animais descritos en 1779 Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia