O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2023 antes de presentarse á 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.
O 30 de setembro de 2023 converteuse tamén no primeiro filme en galego en gañar a Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Donostia.
Sinopse Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar outras mulleres nos partos empregando cornizó. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
Personaxes Janet Novás como María Siobhan Fernandes como Anabela Carla Rivas como Luisa Daniela Hernán Marchán como Ángela María Lado como Teresa Julia Gómez como Carmen José Navarro como Marcos Nuria Lestegás como Mabel Darío Fernández Raposo como Manuel Diego Anido como Juan Filomena Gigante como Belén
Rodaxe O filme foi rodado nas comarcas do Salnés e Baixo Miño, na provincia de Pontevedra, e no Alto Minho, en Portugal.
Premios Nos Premios Mestre Mateo de 2024 levou sete premios: longametraxe, maquillaxe e perruquería (Bárbara Brouke, Lorena Calvo e Silvia Neira), vestiario (Uxía Vaello), guión (Jaione Camborda), son (Sergio Silva e David Machado), dirección de arte (Melania Freire), dirección Jaione Camborda).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Lista de filmes en galego con maior recadación
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en 1971 Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme