Leptotes pirithous é un lepidóptero ropalócero da familia Lycaenidae.TolmanInsectarium Virtual Asturnatura Moths and Butterflies of Europe and North Africa (inglés)Mariposas del Berguedà (catalán)
Descrición
Imago Envergadura de entre 21 e 30 mm. Similar a Lampides boeticus, pero xeralmente máis pequena e sen a franxa branca postdiscal no dorso das ás. Como moitos licénidos, esta especie presenta dimorfismo sexual: anverso azul nos machos e máis tons marróns nas femias. Reverso das ás posteriores acabadas en dous ocelos e unha cola en cada á. esquerda|miniatura|275x275px|Comparativa entre Leptotes pirithous e Lampides boeticus.
Eiruga Robusta; o seu corpo achándase a cada segmento abdominal. Recuberta dunha fina pilosidade curta que brilla coa luz. Pode ser de varias coloracións (polimórfica), normalmente verde clara.
Hábitat Hábitat variado, normalmente herbais cálidos e secos, limiares de camiños. A eiruga aliméntase de varios xéneros e especies de Fabaceae, Lythraceae, Plumbaginaceae, Rosaceae e Ericaceae como Plumbago capensis, Indigofera, Rynchosia, Vigna, Burkea, Mundulea, Melilotus, Crataegus, Quercus suber, Medicago sativa, Trifolium alexandrium, Arachis hypogaea, Lythrum, Genista, Dorycnium, Lythrum salicaria, Calluna vulgaris, Onobrychis viciifolia, Ulex, Melilotus.Tolman
Distribución Esténdese polo norte de África, sur e centro de Europa e Oriente Medio até a India. No centro de Europa e zonas frías é migratoria. Moitos dos exemplares que se atopan en Europa e España proveñen de exemplares migradores africanos. Pódese atopar en Asturias.Tolman
Período de voo Alá onde reside é polivoltina, voando desde febreiro até novembro. Non se sabe con certeza se no seu ciclo hai diapausa; en catividade non se conseguiu inducir.Tolman
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Eurobutterflies (inglés) Butterflies of Africa (inglés)
Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Animais descritos en 1767 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Bolboretas de Galicia