A Salgueira, ou tamén Santa Lucía da Salgueira, é un lugar da parroquia de Sárdoma, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, tiña unha poboación de 1.189 habitantes (573 homes e 616 mulleres).

Historia miniatura|427x427px|Santa Lucía da Salgueira, no número 21, neste mapa da división en parroquias eclesiásticas do concello de Vigo. Atópase no límite entre as parroquias de Freixeiro e Sárdoma, motivo dalgunhas disputas territoriais entre ambas as dúas freguesías. A principios do século XX a meirande parte dos terreos eran propiedade de familias burguesas de Vigo. Posteriormente, eses predios foron urbanizados. Cabe destacar o Grupo Sindical.

En 1970 declarouse parroquia eclesiástica independente. Eclesiasticamente pertence ao arciprestado de Vigo-Lavadores.

Lugares e parroquias Lugares de Sárdoma

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo

Categoría:Lugares de Vigo Categoría:Parroquias eclesiásticas de Galicia