Leticia Barbadillo Vázquez, nada na Coruña en 1983, é unha mestra e escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Comunicación Audiovisual, é mestra de Educación Infantil na escola pública. Participou nos blogs colectivos Se o vello Simbad tivese fillos e Sobre as cousas.

En 2023 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil da Editorial Xerais.

En 2024 gañou o Premio Follas Novas do Libro Galego á mellor obra infantil.

Obra

A botella de lentellas (2023). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 9788411104098. Ilustracións de Xiana Teimoy. Timbrol e a pega (e os demais) (2026). Vigo: Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-1110-802-7. ePub: ISBN 978-84-1110-813-3. Ilustracións de Iria Fafián.

Premios

2023: Premio Merlín de Literatura 2023, por A botella de lentellas. 2024: Premio Follas Novas do Libro Galego 2024 á obra infantil, por A botella de lentellas. Notas

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1983