Antonio Piñeiro Sánchez, nado en Mugardos en 1960, é un militar galego da Armada, que na actualidade e desde 2023 é xefe de Estado Maior da Armada, con rango de almirante xeneral.

Traxectoria Piñeiro ingresou na Escola Naval Militar de Ferrol en 1979, e dela saíu cinco anos máis tarde, en 1984, co diploma de alférez de navío en 1984. É especialista en Comunicacións, Guerra Naval e graduado no Colexio de Defensa da OTAN (NADEFCOL).

Durante a súa carreira militar, estivo destinado en misións internacionais como a Guerra do Golfo e a operación Active Endeavour do Mediterráneo, así como en agrupacións permanentes navais da OTAN. Entre os mandos que exerceu están o patrulleiro Laya (P-12), o remolcador oceánico Mahón (A-51), a fragata Álvaro de Bazán e o portaaeronaves Juan Carlos I.

Tamén estivo destinado na Escola Superior das Forzas Armadas (ESFAS), na Dirección de Ensino Naval e na Sección de Intelixencia do Estado Maior da Armada, da que foi xefe.

A partir de 2015, xa como contraalmirante, entrou no núcleo de decisión das Forzas Armadas. Primeiro, entre outubro de 2015 e setembro de 2018 foi asistente de operacións no Mando de Operacións (MOPS) do Estado Maior da Defensa. En setembro de 2018 foi promovido a vicealmirante e elixido para ocupar o cargo de director de Persoal da Armada até outubro de 2021, cando o ascenderon ao cargo de almirante e lle confiaron a Xefatura de Persoal da Armada.

O 25 de abril de 2023 o Consello de Ministros nomeouno xefe de Estado Maior da Armada, o principal mando da Armada española, con grao de almirante xeral, en substitución do vasco Antonio Martorell, que finara unhas semanas antes.

Como xefe de Estado Maior Nomeou en xuño de 2023 e destituíu tres meses despois, aducindo motivos persoais, o capitán de fragata ourensán Carlos Miguel Abadín, que estaba ao mando da fragata Cristóbal Colón.

Referencias

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xefes de Estado Maior da Armada española