Icía de Roma, máis coñecida como Santa Icía ou Santa Cecilia, e coas variantes Cecilia, Cilla, Cecía e Sía, (en latín, Caecilia), foi unha nobre romana, convertida ao cristianismo e martirizada pola súa fe, no século III. Na Igrexa católica, é patroa da música, dos poetas e dos cegos (xunto con santa Lucía de Siracusa).

Traxectoria Icía era unha moza patricia romana. Foi obrigada por seus pais a casar con Valeriano. Xunto con seu irmán Tiburcio, pediulle ser bautizada ao papa san Urbano. Por tal motivo, foi condenada á pena capital. Despois de moitos castigos, foi decapitada, pero o verdugo non atinou e Icía estivo agoniando durante tres días. Morreu en presenza de Urbano e enterrárona no cemiterio de Calisto.

Xunto con santa Einés, é a máis popular das mártires romanas. O seu culto en Hispania é antigo, aproximadamente dende o século X.

Patroa da música Pasaron máis de mil anos para que Icía fose proclamada patroa da música. En 1594, o papa Gregorio XIII canonizouna e deulle oficialmente o nomeamento, por «demostrar unha atracción irresistible cara aos acordes melodiosos dos instrumentos. O seu espírito sensible e apaixonado por esta arte converteu así o seu nome en símbolo da música». Este padroado foi produto dunha mala tradución dende o latín da súa lendaria Paixón.

O 22 de novembro, sinalado pola tradición como o día da súa morte (ou o día do seu nacemento), foi adoptado en moitos países como o Día da Música.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Cecilia Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Cilla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Sía

Notas

Categoría:Nados en Roma Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia