Jessika Roswall, nada co nome de Jessika Vilhelmsson en Uppsala o 18 de decembro de 1972, é unha política sueca do Partido Moderado. Serviu como Ministra para Asuntos de Unión Europea e Ministra para Cooperación Nórdica no goberno de Ulf Kristersson desde 2022 e foi Membro do Riksdag desde as eleccións xerais de 2010, representando o condado de Uppsala.

Traxectoria É filla do avogado Anders Roswall; a súa nai é profesora. Rematou o o en 1991, estudou historia na Universidade de Estocolmo entre 1995 e 1997 e estudou dereito na Universidade de Uppsala, onde se graduou en 2002. Despois de graduarse comezou a traballar como pasante no bufete Wigert & Placht. Xa como avogada especializouse en lei criminal e familiar.

Ao tempo, foi deputada do consello municipal en Enköping. Nas eleccións ao parlamento de 2010 foi escollida deputada polo Partido Moderado, e elixida membro do Comité de Impostos. Desde 2011 foi membro do Comité de Asuntos Civís, e entre outros temas trata asuntos de dereitos do consumidor. Desde 2015 tamén foi membro do Consello de Transparencia da Axencia de Consumidor sueca. Deveu portavoz do seu partido en Relacións coa Unión Europea en 2019.

Desde o 18 de outubro de 2022 é Ministra para Asuntos da Unión Europea e para Cooperación Nórdica no goberno de Kristersson. En 2023 mostrouse escéptica sobre a incorporación do catalán, o éuscaro e o galego como linguas oficiais nas institucións da Unión Europea.

Notas

Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados no condado de Uppsala Categoría:Ministros de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Avogados