Locaia de Toledo, máis coñecida como santa Locaia, e coa variante Leocadia, foi unha virxe e mártir, venerada como santa pola Igrexa católica.
Locaia é unha das santas de culto máis antigo de España, aparecendo citada xa, por exemplo, nos calendarios mozárabes. A prisión e morte de Leocadia foi narrada nun relato do século VII.
Haxiografía Segundo a tradición foi Publio Daciano, prefecto romano de Hispania e gobernador da Bética, quen aplicou en Hispania o decreto de Diocleciano que ordenaba a persecución dos cristiáns.
Ao chegar a Toledo, o pretor Daciano manda encarcerar a Locaia pola confesión pública da súa fe e polo seu rexeitamento á apostasía. Locaia foi encerrada con amarras e nun alxube escuro para que reflexionase sobre os tormentos que a esperaban se non rectificaba. Decatada do martirio de Baia de Mérida e doutros mártires como, entre outros, Vicente, Sabina e Cristeta de Talavera, cos tremendos tormentos que lles foron aplicados con gran crueldade, Locaia morre, talvez tamén de esgotamento, en prisión.
Iconografía Represéntase cunha cruz, xa que debuxou unha nunha rocha do cárcere no que estivo, e coa palma do martirio. Tamén ante o pretor, azoutada e en prisión. Noutras ocasións represéntase na súa aparición a santo Ildefonso de Toledo. Por último, represéntase cunha torre, por morrer en prisión. Ten o título de confesora.
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Locaia
Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Toledo Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia