Andrés Pinilla Fraga, nado en Madrid cara a 1884 e finado en Carballo o 29 de setembro de 1936, foi un funcionario e político español aveciñado en Galicia.

Traxectoria Foi nomeado capataz de vixilantes pola Xunta de Obras do Porto da Coruña en 1920.La Voz de Galicia, 5-12-1920, p. 2. Despois foi conserxe do Colexio Notarial da Coruña. Foi vogal da directiva da Sociedade de Socorros Mútuos El Ramo de la Virtud en 1928.El Ideal Gallego, 30-3-1928, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil. O 28 de setembro apareceu o seu cadáver fusilado en Bértoa xunto co seu fillo Pedro, Juan Boedo Pardo e Francisco Miguel Fernández Díaz. Foron soterrados no cemiterio da localidade.

Os seus restos foron exhumados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en setembro de 2023,«Día histórico» en Bértoa al encontrarse los posibles restos de los cuatro «paseados» en 1936 La Voz de Galicia .Exhumados los restos de los «paseados» hallados en el cementerio de Bértoa La Voz de Galicia . e entregados aos seus familiares xunto aos de Pedro Pinilla Calvete e Juan Boedo Pardo nun acto celebrado no Concello da Coruña en abril de 2025, Andrés e Pedro recibiron sepultura no cemiterio de Santa María de Montouto, nunha tumba deseñada por Jorge Pastor, na que tamén se honra a Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete, fillos e irmáns dos anteriores respectivamente, que foron asasinados polo franquismo e enterrados nunha fosa común non localizada no mesmo cemiterio. miniatura|Tumba dos Pinilla Calvete no cemiterio de Santa Cristina de Montouto (Abegondo)

Vida persoal Casou na Coruña con Honorina Calvete Bermúdez e setembro de 1907,La Voz de Galicia, 6-9-1907, p. 3. e foi pai de Pedro Pinilla Calvete, Andrés Pinilla Calvete e Enrique Pinilla Calvete.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1936