Carmen Baliñas de Castro, nada en Cuntis o 17 de marzo de 1822 e finada na mesma vila o 30 de abril de 1909, foi unha relixiosa galega.

Traxectoria Filla única dunha familia de cartos, xa desde nova quixo ser monxa. En 1854 ingresou no mosteiro de San Bieito de Corella (Navarra), profesando o 30 de xaneiro de 1855. Participou no proxecto dunha fundación monástica feminina na misión de New Norcia canda a Rosendo Salvado, mais o proxecto non saíu adiante.

Decidiu investir a herdanza paterna na creación do convento de San Bieito de Pereira, en Cuntis. Xunto con outras dúas monxas de Corella tomaron posesión dos edificios o 1 de xullo de 1868, mais houberon abandonalo o 17 de novembro dese mesmo ano polas leis promulgadas polo Goberno provisional tras a Revolución de 1868. Regresaron a Corella, e finalmente o 26 de novembro de 1876 instaláronse en Cuntis. O 5 de decembro dese ano o arcebispo de Santiago de Compostela, Miguel Payá y Rico, nomeouna primeira abadesa do convento e permaneceu no cargo ata o 26 de noveembro de 1891, se ben seguiu a dirixir a comunidade. En 1908 un grupo de monxas pedíronlle que suavizase as regras, e o arcebispo impúxolles as normas do mosteiro de San Paio de Oviedo, menos rigorosas ca as anteriores.

Obra

Ceremonial romano monástico conforme a la concesión hecha por la santidad de Paulo V a favor de cuantos militan bajo la Santa Regla del Patriarca San Benito para uso de las benitas recoletas de Cuntis (Ourense, Gregorio Rionegro; 1884)

Proyecto de Constituciones para las religiosas recoletas de Cuntis bajo la Regla del patriarca San Benito (inédito).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Colombás, G. M. (1978): San Benito de Cuntis: génesis, fundación y desarrollo de un monasterio de monjas en la provincia de Pontevedra. Zamora, Monte Casino.

La tradición benedictina, vol. VIII, Zamora, Monte Casino, 1999, págs. 565-584.

Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Monxes de Galicia Categoría:Monxes católicos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes