Ariovisto, en latín Ariovistus, foi un líder dos suevos e doutros pobos xermánicos aliados no segundo cuarto do século I a. C. El e os seus seguidores participaron na Guerra das Galias, axudando aos arvernos e aos sécuanos a derrotar aos seus rivais, os eduos. Despois instaláronse en gran cantidade no territorio galo conquistado, na rexión de Alsacia. Foron derrotados, con todo, na batalla dos Vosgos e expulsados polo río Rin no 58 a. C. por Xulio César.
Ariovisto e os acontecementos dos que formou parte son coñecidos polos comentarios no Bellum Gallicum de César. César, como participante dos acontecementos, é unha fonte primaria, pero como os seus commentarii eran en parte políticos, pódese sospeitar o nesgo da información. Historiadores posteriores, especialmente Dión Casio, desconfían dos seus motivos.
Notas
Categoría:Reis suevos