María Villamarín, nada nas Casas da Veiga (Ganade, Xinzo de Limia) en 1989, é unha libreira e escritora galega.

Traxectoria Formouse en xornalismo e estudos literarios na Universidade de Santiago de Compostela, e traballou despois en equipos de comunicación de diferentes proxectos culturais e institucións museísticas como o Museo do Pobo Galego. Ao tempo, autoeditou os fanzines Madreselva e Florilège. No ámbito musical, foi teclista e cantante do grupo Esposa, co que gravou varios discos.

Traballa en Santiago de Compostela como libreira na cooperativa NUMAX, onde participa tamén na xestión de redes sociais e comunicación.

Obras Diario de dúas casas (2023). Euseino? Editores. 130 páxs. ISBN 978-84-127031-0-8.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A escritura pendular con María Villamarín. Podcast con Anxo F. Couceiro. Itinerario Os libros de Diario de dúas casas en Blog da Libraría NUMAX. Ficha en Euseino? Editores.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Vilar de Santos