Run Rabbit Run é un filme australiano de 2023 dirixido por Daina Reid e escrito por Hannah Kent. Está protagonizado por Sarah Snook, Lily LaTorre, Damon Herriman e Greta Scacchi. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 19 de xaneiro de 2023, e en Netflix o 28 de xuño de 2023.

Sinopse Sarah, unha médica de fertilidade divorciada, celebra o sétimo aniversario da súa filla Mia. As dúas descobren un coello no xardín da súa casa, ao cal Mia adopta. A noite do aniversario de Mia, únense a eles Peter, o pai de Mia; Denise, a nova parella de Peter, e Toby, o fillo de tres anos de Denise. Mentres xogan, Mia berra cando Toby lle dá un golpe na cabeza. Sarah reprende con rabia a Toby e Denise, mais Peter suaviza as cousas. Máis tarde pola noite, Sarah tenta guindar o coello por riba do valado do seu xardín, mais recibe unha trabadela. Sarah dáse conta de que Mia a viu tentar desfacerse do coello.

Personaxes Sarah Snook como Sarah Lily LaTorre como Mia Damon Herriman como Peter Greta Scacchi como Joan Sunny Whelan como Alice Naomi Rukavina como Denise Shabana Azeez como Nowa Trevor Jamieson como Sandy

Notas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes rodados en Melbourne