O atentado na discoteca Clangor de Santiago de Compostela de 1990 foi un atentado terrorista do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive que tivo lugar o 12 de outubro de 1990 na discoteca Clangor, no lugar da Ponte da Rocha, en Santiago de Compostela.
Ataque Na madrugada do xoves 11 ao venres 12 de outubro de 1990, festividade do día do Pilar, a discoteca Clangor sufriu un atentado con bomba, colocada polos terroristas Dolores Castro Lama e Xosé Ignacio Villar Regueiro. Tratábase dun dos locais de lecer nocturno máis populares da cidade universitaria de Santiago.
Vítimas Como consecuencia da explosión, faleceu a viguesa Mercedes Domínguez Rodríguez, estudante de 26 anos. Houbo 49 feridos, entre clientes e empregados, cinco deles de gravidade. O local quedou gravemente danado polo artefacto. Os autores materiais tamén faleceron na explosión.
Consecuencias A sociedade de Santiago, especialmente a comunidade estudantil, quedou conmocionada polo atentado. As manifestacións de repulsa sucedéronse e cesou a tolerancia social en Galicia ás actividades do EGPGC. Sendo Ministro do Interior José Luis Corcuera, o suceso non tivo repercusión nos medios do resto de España pola escasa cobertura dos medios de comunicación. O atentado foi organizado polo terrorista Manuel Chao Dobarro, máximo dirixente do EGPGC. Ante os danos persoais ocasionados a organización terrorista afirmou que a bomba se activou por erro.
Notas
Categoría:EGPGC Categoría:1990 en Galicia Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Atentados terroristas en España Categoría:Terrorismo en Galicia Categoría:Santiago de Compostela sen imaxes