Francisco de Asís Rivelott Reguera, coñecido como Curro Rivelott ou simplemente Curro, nado en Xerez da Fronteira o 13 de decembro de 1999, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Arenteiro, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Xerez Deportivo FC, case dende a propia fundación do club, e debutou co primeiro equipo na Terceira Andaluza con só 14 anos. Durante os seguintes anos combinou o equipo xuvenil co primeiro equipo, logrando varios ascensos. Rematada a súa etapa xuvenil subiu definitivamente ao conxunto principal, saíndo cedido na súa primeira tempada á UD Roteña, antes de afastarse durante un ano do fútbol por asuntos persoais. Regresou ao club en agosto de 2020 e logrou esa mesma tempada o ascenso á Segunda División RFEF, proclamándose campión de Terceira por diante do propio Xerez. Durante a tempada 2021/22 disputou 32 partidos co club azul, 31 deles como titular.
En xullo de 2022 anunciouse a súa marcha do Xerez DFC e uns días despois fichou polo Arenteiro, da mesma categoría. Foi titular en case tódolos partidos da histórica tempada do club galego, que acabou proclamándose campión da categoría e ascendendo á Primeira División RFEF, gañando ademais a Copa Federación.
Palmarés Xerez Deportivo Terceira División (1): 2020/21. División de Honra Andaluza (1): 2017/18. Terceira División Andaluza (1): 2014/15.
Arenteiro Segunda División RFEF (1): 2022/23. Copa Federación (1): 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Nados en 1999 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Arenteiro