Ceiba pentandra é unha árbore tropical da orde Malvales e da familia Malvaceae (anteriormente foi clasificada na familia Bombacaceae), orixinaria de México, América Central e o Caribe, norte de América do Sur, e (como a variedade C. pentandra var guineensis) no oeste de África. Unha variedade un pouco máis pequena foi introducida no sur e sueste de Asia, onde é cultivada.

Características miniatura|Base dun exemplar xigante no leste de Ecuador. A árbore crece ata os 73 metros de altura, segundo o confirman as escaladas e a caída de cinta con informes de exemplares que superan os 77 metros de alto. Estas árbores enormes atópanse no Neotrópico ou na África tropical. A variedades de C. pentandra presente no sur de Asia só chega até os 27 metros.Prof. E.J.H. Corner, Wayside Trees of Malaya Volume 1 p. 436 Os troncos a miúdo poden medir ata 3 m de diámetro por riba das extensas raíces que medran como contrafortes. Porén, os individuos máis grandes poden ter un grosor de 5,8 m ou máis por riba dos contrafortes.David G. Campbell, LAND OF GHOSTS (Boston: Houghton-Mifflin, 2005) p. 129.

Notas

Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Plantas descritas en 1791 Categoría:Símbolos de Guatemala Categoría:Símbolos de Guinea Ecuatorial