Xoán II, nado en Lisboa o 3 de maio de 1455 e morto en Alvor o 25 de outubro de 1495, foi un rei de Portugal. Alcumado O Príncipe Perfeito. Fillo do rei Afonso V de Portugal e de Isabel de Coímbra. Recibiu unha coidada instrución civil e militar.
Subiu ao trono no ano 1481. Durante o seu reinado produciuse unha das etapas de maior desenvolvemento da exploración portuguesa. Foi un dos asinantes do Tratado de Tordesillas, o 7 de xuño de 1497 entre Castela e Portugal.
Foi home de espírito tolerante que acolleu no seu país aos xudeus expulsados de España. Casou con Lionor de Viseu e con Lionor de Lancaster.
O seu corpo descansa no Mosteiro de Santa Maria da Vitória, na Batalha. Morreu sen herdeiros lexítimos escollendo a Manuel de Viseu, Duque de Beja, o seu primo e cuñado, como sucesor.
Categoría:Reis de Portugal Categoría:Dinastía de Avis Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1455 Categoría:Finados en 1495