O Premio Pessoa é un galardón que se concede anualmente a persoas de nacionalidade portuguesa que durante ese período, e tras unha actividade previa, se distinguiron como protagonistas da vida científica, artística ou literaria. O premio foi establecido en 1987 polo xornal Expresso e conta co patrocinio da Caixa Geral de Depósitos. A súa creación, en 1987, foi froito dunha iniciativa conxunta entre Expresso e Unisys (Portugal), que abarcou 21 edicións, ata 2007 incluído.

Premiados

1987 - José Mattoso, historiador, medievalista e catedrático de universidade 1988 - António Ramos Rosa, poeta 1989 - Maria João Pires, pianista 1990 - Menez, pintor 1991 - Cláudio Torres, arqueólogo 1992 - António Damásio e Hanna Damásio, investigadores neurocientíficos 1993 - Fernando Gil, filósofo e poeta 1994 - Herberto Hélder, poeta (rexeitou o premio) 1995 - Vasco Graça Moura, ensaísta, tradutor e escritor; 1996 - João Lobo Antunes, neurocirurxián 1997 - José Cardoso Pires, escritor 1998 - Eduardo Souto de Moura, arquitecto 1999 - Manuel Alegre, poeta, e José Manuel Rodrigues, fotógrafo 2000 - Emmanuel Nunes, compositor 2001 - João Bénard da Costa, cinéfilo e historiador do cine; 2002 - Manuel Sobrinho Simões, investigador médico 2003 - José Gomes Canotilho, constitucionalista 2004 - Mário Cláudio, escritor 2005 - Luís Miguel Cintra, actor e director 2006 - António Câmara, profesor e investigador en novas tecnoloxías e sociedade da información 2007 - Irene Flunser Pimentel, historiadora 2008 - João Luís Carrilho da Graça, arquitecto 2009 - Manuel Clemente, bispo, historiador e catedrático de universidade 2010 - María do Carmo Fonseca, científica 2011 - Eduardo Lourenço, ensaísta 2012 - Richard Zenith, escritor e tradutor 2013 - María Manuel Mota, investigadora 2014 - Henrique Leitão, físico, historiador da ciencia e profesor universitario 2015 - Rui Chafes, escultor 2016 - Frederico Lourenço, escritor, tradutor e profesor universitario 2017 - Manuel Aires Mateus, arquitecto 2018 - Miguel Bastos Araújo, investigador e xeógrafo 2019 - Tiago Rodrigues, actor, director e director artístico 2020 - Elvira Fortunato, científica no campo da microelectrónica e optoelectrónica 2021 - Tiago Pitta e Cunha, xurista especializado en materia marítima 2022 - João Luís Barreto Guimarães, poeta, tradutor e doutor 2023 - José Tolentino de Mendonça, poeta e cardeal da Igrexa Católica 2024 - Luís Tinoco, compositor. 2025 - Lídia Jorge, escritora Notas

Categoría:Cultura de Portugal Pessoa Categoría:Literatura en lingua portuguesa