miniatura|Tanque de tormentas á beira do río Miño en Lugo. O tanque de tormentas é un depósito subterráneo que acolle e retén a auga das choivas recollida polos colectores da rede de sumidoiros para logo tratala na estación depuradora. Mediante esta infraestrutura preténdese evitar que, en momentos de precipitacións torrenciais, se produza o asolagamento de zonas densamente urbanizadas e/ou que o saneamento se vexa colapsado na súa capacidade.
Funcionamento As augas das precipitacións que rematan nos sumidoiros mestúranse cos lixos das beirarrúas e calzadas e son moi contaminantes, ás veces máis que as residuais. A rede de sumidoiros multiplica a captación de auga cando se producen as choivas, e no caso de que estas se produzan con intensidade nun breve espazo de tempo, o sistema pode verse superado e dar en verteduras de auga sen tratar nos ríos e no mar. Para evitalo, os tanques acumulan a auga para que logo sexa reconducida á estación de depuración. O emprego dos tanques de tormentas é moi importante para garantir o saneamento das contornas das ribeiras polo que adoitan localizarse nas proximidades de cursos fluviais, rías ou do mar.
En 2023, o maior tanque de tormentas de Galicia era o do Cavadal en Narón, con 10 000 metros cúbicos de capacidade. Doutra banda, o maior do mundo atópase en Madrid con capacidade para 400 000 metros cúbicos.
Partes dos tanques de tormentas Nos sumidoiros, previa á chegada ao tanque, a auga pasa por diferentes filtros que permiten peneirar os sólidos arrastrados. Dentro do tanque hai catro departamentos:
A cámara central: leva a auga dende a entrada ata o elemento regulador do caudal
A cámara de retención: almacena a auga que supera a capacidade da cámara central, acumúlase, polo tanto en momentos de precipitación forte. A cámara de alivio: traslada a auga excedente ata o receptor A cámara seca: onde está o elemento regulador do caudal.
Notas
Categoría:Saneamento Categoría:Enxeñaría hidráulica