miniatura|Milgranda ou granada, un exemplo de froito de tipo balaustia. Unha balaustia é un froito sincarpo indehiscente que procede dun ovario ínfero, onde os carpelos están unidos entre si e dispostos en dous estratos. Posúen un pericarpo duro e o interior está dividido en cavidades por medio dun tecido tenue (tastana). Na súa formación intervén, ademais do ovario ínfero, o tálamo floral acopado e soldado ao ovario. As sementes (moitas, porque é polispermo) teñen a parte externa carnosa (sarcotesta).Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 2. Páxina 517. ISBN 84-7680-290-0 (do tomo).TheFreeDictionary balaústa

Un exemplo é o froito da milgrandeira (Punica granatum), chamado milgranda ou granada.

Etimoloxía Do latín balaustĭum e este do grego βαλαύστιον 'flor da milgrandeira'.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Sánchez Gómez, P. [et al. ]. 1996. Flora de Murcia. Claves de identificación de plantas vasculares. Editorial DM. ISBN 84-89585-20-2

Categoría:Termos botánicos Categoría:Froitos