As linguas da punta papúa son unha rama das linguas oceánicas occidentais que está composta por unhas 60 linguas.
Contacto Todas as linguas da punta papúa, agás a lingu nimoa, a lingua sudest e as linguas kilivila (todas elas faladas nas illas fronte á costa continental Papúa-Nova Guinea), teñen unha orde de palabras suxeito obxecto verbo (SOV) por mor da influencia das veciñas linguas papúas (Lynch, Ross, & Crowley 2002:104). Universalmente, este é considerado un cambio tipoloxicamente infrecuente. Xa que estas influencias non-austronesias poden reconstruírse para a lingua punta proto-papúa, non foron simplemente o resultado do contacto recente entre as linguas fillas individuais.
Notas
Categoría:Linguas de Papúa-Nova Guinea Categoría:Linguas oceánicas occidentais