Iga Natalia Świątek, nada en Varsovia o 31 de maio de 2001, é unha tenista profesional polaca.

Traxectoria Świątek comezou a xogar regularmente no circuíto da WTA en 2019. Ese mesmo ano clasificouse entre as 50 primeiras, tras alcanzar a final dunha competición internacional e a 4a fase do Torneo de Roland Garros 2019.

Ten un estilo de xogo no que se sente cómoda en calquera lugar da pista. En 2019 gañou o premio á Xogadora Favorita dos Seareiros da WTA cun tiro dende a liña de fondo, e quedou segunda no premio á Xogadora Individual Favorita dos Seareiros da WTA, perdendo ante Halep, o mesmo ano.

O seu primeiro título profesional foi un Grand Slam, o Roland Garros de 2020, con 19 anos, sendo unha das máis dominantes da competición, perdeu só 28 xogos, non perdeu un só set e derrotou no camiño dúas grandes campioas. En maio de 2021, gañou o Aberto de Roma, trala vitoria sobre Karolína Plíšková nun dobre 6-0 na final.

O 25 de marzo de 2022 anunciouse que se convertería na tenista número 1 do mundo da WTA a semana seguinte, tras a retirada repentina da entón líder na clasificación, a australiana Ashleigh Barty. Conseguiu a fazaña tras vencer á suíza Viktorija Golubic no seu debut na WTA en Miami. Iga foi a primeira muller polaca da historia en alcanzar o primeiro posto da clasificación mundial. Converteuse oficialmente en número un o 4 de abril de 2022, pouco despois de gañar a WTA Miami. O 4 de xuño do mesmo ano volveu gañar o Torneo de Roland Garros, derrotando na final a Coco Gauff por 6-1 e 6-3. No Aberto dos Estados Unidos de 2022 gañou o seu primeiro título da competición (o seu terceiro Grand Slam), vencendo a Ons Jabeur por 6-2 e 7-6.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Nados en 2001 Categoría:Tenistas de Polonia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2024