As linguas igboides constitúen unha rama da familia de linguas volta-níxer. Os subgrupos son: Ekpeye Igboide nuclear: Igbo, ikwerre, ika, izii–ikwo–ezaa–mgbo, ogba, ishiagu e ukwuani-aboh-ndoni Williamson e Blench conclúen que as linguas igboides nucleares (excluíndo o ekpeye) forman un "cúmulo lingüístico" e é mutuamente intelixible. Porén, a intelixibilidade mutua é só marxinal, mesmo entre as linguas izii-ikwo-ezaa-mgbo. As linguas igboides son faladas por case 40 millóns de persoas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Blench, Roger. 2016. A reconstruction of the phonology of proto-Igboid.

Categoría:Linguas volta-níxer