Javier Villar del Fraile, coñecido como Javi Villar, nado en Murcia o 15 de marzo de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF, cedido polo Real Madrid Castilla. É irmán do tamén futbolista Gonzalo Villar.

Traxectoria Formouse como futbolista nas categorías inferiores da Asociación Deportiva Azarbe, do UCAM Murcia, do Real Murcia, do FC Barcelona, do Elche e do Real Madrid. O 21 de maio de 2022 debutou co Real Madrid Castilla na Primeira División RFEF, nun encontro fronte ao Algeciras, e na tempada 2022/23 pasou a formar parte do cadro de xogadores do filial.

Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Unionistas de Salamanca, da mesma categoría.

Selección nacional Foi internacional coa selección española sub-19.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web do Real Madrid .

Categoría:Nados en Murcia Categoría:Nados en 2003 Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Unionistas de Salamanca Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19