Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2023.

Atentados por mes

Setembro 1 de setembro : Un ataque con foguetes contra unha aldea na rexión de Jarablus, deixaron polo menos 6 mortos e 8 feridos. O perpetrador do atentado é o YPG/PKK.

2 de setembro : Un ataque contra o exército sirio aos arredores de Al Sarraf, provincia de Lataquia, deixou polo menos 15 mortos e varios feridos. Tamén houbo 3 terroristas mortos durante os enfrontamentos entre o exército e o perpetador do ataque a coalición xihadista Hayat Tahrir al Sham (HTS).

Outubro 1 de outubro : Un ataque suicida contra o Ministerio de Interior turco en Ankara, deixou dous terroristas mortos (un accionou os explosivos mentres que o outro foi neutralizado polos axentes de seguridade) e dous policías feridos. O perpetrador do atentado é o PKK.

3 de outubro : Un ataque contra un destacamento militar ao noroeste de Tabatol, deixou polo menos 29 vítimas mortais e 2 feridos graves. O ataque aínda no foi reivindicou por ningunha organización terrorista, aínda que na zona hai unha forte presenza do Estado Islámico no Gran Sáhara.

5 de outubro : Un ataque con drones contra a cerimonia de graduación na Academia Militar de Homs, deixou polo menos 80 vítimas mortais e uns 240 feridos. As autoridades sirias atribuíu o ataque a organizacións terroristas, aínda que ningunha reivindicou o atentado.

8 de outubro : Un tiroteo na cidade de Alexandría, deixou 3 mortos (2 turistas israelís e 1 guía exipcio) e 1 israelí ferido. O autor do ataque é un policía exipcio. Non foi reivindicado por ningunha organización terrorista.

13 de outubro : Un ataque suicida contra unha mesquita xiíta na cidade de Puli Khumri, na provincia de Baghlan, deixou polo menos 7 vítimas mortais e 15 feridas. O atentado foi reivinciado polo Estado Islámico. : Un ataque con coitelo nun instituto na cidade de Arras, deixou 1 profesor morto e 3 feridos ( 1 docente e 2 profesores). O autor do ataque é un home de orixe rusa fichado polas autoridades francesas por radicalización islamista. Uns días máis tarde soubese que o autor do atentado xurou lealdade ao Estado Islámico.

16 de outubro : Un tiroteo durante o partido Bélxica-Suecia en Bruxelas, deixou 2 vítimas mortais e 1 ferida. O autor do atentado é un home tunisiano que dixo pertencer ao Estado Islámico. Un día máis tarde, foi abatido polos axentes de seguridade. : Un ataque suicida fronte a un restaurante e preto da sede de goberno de Somalia en Mogadixo, deixou 1 vítima mortal e 4 feridas. O perpretador do ataque é o Al-Shabaab.

17 de outubro : Un ataque contra un grupo de turistas que estaban visitando o Parque Nacional da raíña Isabel nas zonas de Muya e Kikorongo, en Kasese, deixou 3 mortos (1 guía ugandés, 1 parella británico-surafricana). O grupo que perpretou o atentado foi o Estado Islámico de África Central.

21 de outubro : Un ataque con coche bomba contra unha base de especialistas militares na zona de Elasha Biyaha, preto de Mogadixo, deixou polo menos 16 mortos (14 militares e 2 civís). O atentado foi reivindicado por Al-Shabaab.

Decembro 2 de decembro : Un ataque con martelo e coitelo en París, deixou polo menos 1 vítima mortal e 2 feridas. O autor do atentado é un mozo francés, de orixe iraniano, de 26 anos. O motivo do ataque parece ser que o islamismo.

3 de decembro : Unha serie de ataques contra cinco localidades (Ménaka, Labbezanga, Tessalit, Gossi e Dioura), deixou varios mortos e feridos, pero aínda non hai cifras oficiais. Tres ataques foron perpetrados por JNIM e os outros dous por Estado Islámico do Sahel.

5 de decembro : Un atentado con explosivo no centro do país, deixou polo menos 6 membros dunha milicia progubernamental mortos e unha elevada cifra de feridos. O ataque foi achacado ao Estado Islámico.

15 de decembro : Un ataque perpetrado polo grupo terrorista Jaish al Adl contra unha comisaría da cidade de Rask, deixou polo menos 12 policías mortos. : Polo menos 4 persoas morreron e 10 quedaron feridas, logo de dous atentados na provincia de Jíber Pajtunjua. O primeiro ataque foi contra un posto de control no distrito de Jíber, onde houbo 2 vítimas mortais e 7 feridas. O segundo aconteceu na cidade de Tank, onde morreron outras 2 persoas e 3 foron feridas. Os ataques aínda non foron reclamados.

Notas

Categoría:2023 Categoría:Listas de historia 2023