O Billó de Ouro é un premio outorgado polos concellos da comarca de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo) desde 1997. Desde o ano 2004 outórgao a Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica, fundada para promover e potenciar a cultura e gastronomía galega e portuguesa. Billó é a forma local para nomear a castaña asada e sen casca ou bulló; en portugués bilhó é unha castaña asada e sen casca / unha noz sen casca / un meniño de peito gordiño e pequeno. As primeiras edicións xurdiron arredor da festa da castaña, o magosto en Chantada, de aí o nome e tamén que o primeiro premiado fose un empresario das castañas. miniatura|Premios Billó de Ouro 2024 en Chantada: Anxo González Guerra (Billó de Ouro 2023), Pegerto Torres Hermida (Billó de Ouro 2022), Iñaki Castiñeira Alemany (Billó de Ouro 2024) e José Jesús Ramos Ledo (Billó de Ouro 2021)

Recoñecementos

1ª edición, 1997: Miguel Areán González (Castañas Naiciña) 2ª edición, 1998: Javier Taboada Rodríguez (Cooperativa ICOS, despois AIRA) 3ª edición, 1999: Javier Méndez Otero (empresario vitivinícola) 4ª edición, 2000: José Mouriño Cuba (xefe provincial do Instituto de Calidade Agroalimentaria) 5ª edición, 2001: Juan Méndez Otero (fundador de Sidrería Galega) 6ª edición, 2002: Manuel Fraga Iribarne (Presidente da Xunta de Galicia). Non recolleu o premio por coincidir co afundimento do Prestige. 7ª edición, 2005: Manuel García Vázquez “Buciños” (escultor) 8ª edición, 2006: Víctor Arias Pérez (cofundador da Coral Polifónica de Chantada) 9ª edición, 2007: Esther Teijeiro Lemos (adegueira da Ribeira Sacra) 10ª edición, 2008: Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (exconselleiro e exsecretario do concello de Carballedo) 11ª edición, 2009: Faustino Fernández “Vilaseco” (empresario) 12ª edición, 2010: Ángel Palomero Bretón (fundador de ASDEME) 13ª edición, 2011: Roberto Sánchez Sánchez (empresario de Hermanos Sánchez) 14ª edición, 2012: Sergio Vázquez Yebra (exalcalde de Chantada) 15ª edición, 2013: Amancio López Seijas (presidente do Grupo Hotusa) 16ª edición, 2014: Coral Polifónica de Chantada 17ª edición, 2015: Banda de Música de Chantada 18ª edición, 2016: Mario Vázquez Regal (adegueiro da Ribeira Sacra) 19ª edición, 2017: Jesús Ortega Carrasco (enxeñeiro agrícola) 20ª edición, 2018: Araceli Río Bimbiela (médica) 21ª edición, 2019: Galletas Daveiga 22ª edición, 2021: José Jesús Ramos Ledo (exalcalde de Taboada) 23ª edición, 2022: Pegerto Torres Hermida (arcipreste, cura e profesor de instituto) 24ª edición, 2023: Anxo González Guerra (profesor de lingua e literatura galegas). 25ª edición, 2024: Iñaki Castiñeira Alemany (empresario de telecomunicación).El Progreso-Ribeira Sacra. A. L. "El premio Billó de Ouro será este año para el empresario Iñaki Castiñeira". 23 de outubro de 2024 26ª edición, 2025: Queixería Airas Moniz.

Notas

Categoría:Premios de Galicia

Categoría:Carballedo

Categoría:Taboada

Categoría:Chantada