miniatura|Explorer 23, un satélite de tipo S-55, antes do lanzamento. S-55 foi unha serie de satélites artificiais do programa Explorer da NASA lanzados a principios dos anos 1960.

Características Os catro satélites S-55 foron deseñados para estudar o rendemento e guiado dos satélites e investigar a natureza e efectos dos micrometeoroides nos sistemas das naves espaciais. Tiñan forma de cilindro de 61 cm de diámetro e 192 cm de longo e usaban a estrutura da cuarta etapa dos foguetes Scout que se usaron para lanzalos. A bordo levaban células de aceiro inoxidable presurizadas como detectores de penetración. así como detectores de impacto, detectores capacitores e detectores de sulfuro de cadmio para obter datos sobre o tamaño, cantidade, distribución e momento das partículas de po na contorna próxima á Terra.

S-55 O primeiro S-55 en ser intentado lanzar o foi a bordo dun Scout X1 o 30 de xuño de 1961 desde as instalacións de voo de Wallops e non conseguiu chegar a órbita a causa dun fallo da terceira etapa. O satélite perdeuse.

S-55A (Explorer 13) O S-55A, denominado tamén como Explorer 13, foi lanzado con éxito a bordo dun Scout X1 o 25 de agosto de 1961 pero a súa órbita foi máis baixa do esperado, cun perixeo de só 125 km e un apoxeo de 1164 km. O satélite reentrou na atmosfera só dous días despois do lanzamento, sen chegar a rexistrar ningún impacto de meteroide, o que axudou a establecer límites de impactos e mellorar o deseño de futuros experimentos.

S-55B (Explorer 16) S-55B ou Explorer 16 foi enviado a órbita o 16 de decembro de 1962 a bordo dun Scout X3. Desta vez non houbo problemas e o satélite entrou nunha órbita de 750 x 1181 km, na que estivo sete meses funcionando sen problemas.

S-55C (Explorer 23) S-55C (Explorer 23) tiña un deseño lixeiramente distinto ao do resto de satélites S-55. Tiña unha lonxitude de 234 cm en lugar dos 192 cm dos anteriores e ademais dos experimentos comúns estudou tamén o efecto dos meteoroides nas células solares. Foi lanzado o 6 de novembro de 1964 a unha órbita de 466 x 977 km mediante un Scout X4. Funcionou durante un ano, cumplindo os seus obxectivos, aínda que o experimento do detector con células de sulfuro de cadmio fallou ao ser danado durante o lanzamento. Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasS-5530 de xuño de 1961Scout X1FalloS-55A (Explorer 13)25 de agosto de 1961Scout X1ÉxitoS-55B (Explorer 16)16 de decembro de 1962Scout X3ÉxitoS-55C (Explorer 23)6 de novembro de 1964Scout X4Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Scout X1 Scout X3 Scout X4

Categoría:Programa Explorer