A orquídea recendente, Himantoglossum robertianum,Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha orquídea terrestre europea. En principio foi descrita baixo o nome de Orchis robertiana por Loiseleur, que lla dedicou ao seu amigo botánico G.-N. Robert, a continuación chamouse Barlia robertiana (nome asignado por Greuter), e posteriormente (1999), Pierre Delforge vinculouna ao xénero Himantoglossum.

Nomenclatura O epíteto robertiana indica ser a orquídea de Robert, en honra do botánico francés Gaspard Nicolas Robert (1776-1857).

Sinonímia:

Barlia robertiana (Loisel.) Greuter (1967) Orchis robertiana Loisel. (1807) (Basionymum) Orchis longibracteata Biv. (1806) Orchis fragrans Ten. (1811) Orchis foliosa Masson ex Ker Gawl. (1819) Aceras longibracteatum Rchb.f. (1850) Barlia longibracteata (Rchb.f.) Parl. (1858) Loroglossum longibracteatum (Rchb.f.) Moris ex Ardoino (1867) Himantoglossum longibracteatum (Rchb.f.) Schltr. (1914)

Localización e hábitat Planta vivaz que se atopa distribuída por todo o mediterráneo que en principio se desenvolve sobre chan de calcarias: garrigas, lugares herbosos, malezas, claros de bosques, noiros, bordo dos camiños.

Descrición É unha planta robusta, con dous (ás veces tres) bulbos máis ou menos ovoides, o seu talo de tronco groso estriado lonxitudinalmente. A súa altura pode variar de 15 a 80 cm, pero a maior parte do tempo non excede os 50 cm.

Follas basais en roseta (5 a 10 follas), verde clara, amplas, carnosas, brillantes, con nervaduras paralelas. Follas caulinares que abrazan o tronco.

A inflorescencia é unha espiga, en primeiro lugar máis ben piramidal, a continuación máis ben cilíndrica. Numerosas brácteas crenadas e lineais podendo alcanzar 3 cm. Flores con esporón orientado cara abaixo.

Os tépalos son estriados, rodeando o labelo, con cores variables do verde ao púrpura, os tres externos ovoides e conniventes, os dous internos lineais. O labelo, de rosa a púrpura, alárgase, de gran tamaño (a miúdo 2 cm), a lóbulo central con dous lóbulos laterais lineais similares a brazos curvados cara ao interior. Florece de febreiro a abril.

Polinización por insectos (entomofilia) sendo os seus polinizadores observados as abellas e os abellóns.

Os froitos son cápsulas. A diseminación das súas diminutas sementes é anemocora (polo vento).

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Orchidaceae in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The Families of Flowering Plants: Descriptions, Illustrations, Identification, Information Retrieval. Catalogue of Life Angiosperm Phylogeny Website GRIN Taxonomy of Plants USDA ITIS

Categoría:Orquídeas de Galicia