O búlgaro (български език, bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.

A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.

Distribución xeográfica O búlgaro é a lingua máis falada en Bulgaria. Tamén hai comunidades de falantes no Canadá, España, Grecia, Hungría, Israel, Moldova, Romanía, Serbia, Turquía, Ucraína e nos Estados Unidos cun número aproximado de falantes nativos de 12 millóns de persoas.

Status oficial É lingua oficial de Bulgaria, é tamén da Unión Europea a partir do 1 de xaneiro do 2007.

Expresións comúns en búlgaro Здравей (zdravey) — Ola Здрасти (zdrasti) — Ola (informal) Добро утро (dobro utro) — Bos días Добър ден (dobǎr den) — Teña un bo día Добър вечер (dobǎr vecher) — Boas tardes Лека нощ (leka nosht) — Boas noites Довиждане (dovizhdane) — Adeus Как си (kak si) — Que tal estás? Добре съм (dobre sǎm) — Estou ben Поздрави (pozdravi) — Saúdos Благодаря (blagodarya) — Grazas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en búlgaro

Categoría:Lingua búlgara Categoría:Linguas eslavas Categoría:Linguas de Moldova Categoría:Linguas de Bulgaria Categoría:Linguas de Grecia Categoría:Linguas de Macedonia do Norte Categoría:Linguas de Romanía Categoría:Linguas de Serbia Categoría:Linguas de Turquía Categoría:Linguas de Ucraína