A orquídea do home aforcado, Orchis anthropophora,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe por Europa desde Gran Bretaña até o Norte de África. Tradicionalmente esta especie incluíase nun xénero independente, Aceras, debido á ausencia de esporón na flor. Non obstante esa diferenza na morfoloxía, os máis recentes traballos publicados sobre bioloxía molecular en orquídeas europeas intégrano dentro de Orchis.BATEMAN, R.M. (2001). Evolution and classification of European orchids: insights from molecular and morphological characters. J. Eur. Orch. 33(1): 33-119.BATEMAN, R.M., A.M. PRIDGEON & M.W. CHASE (1997). Phylogenetics of subtribe Orchidinae (Orchidoideae, Orchidaceae) based on nuclear ITS sequences. 2. Infrageneric relationships and reclassification to achieve monophyly of Orchis sensu stricto. Lindleyana 12(3): 113-141. miniatura|Ilustración.
Descrición As follas que forman unha roseta foliar pegadas case a niveis de chan son oblongas lanceoladas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde o pseudobulbo que ten un tamaño máximo de 6 cm. miniatura|Orchis anthropophora, roseta foliar. miniatura|Orchis anthropophora. As inflorescencias que son erectas en espiga, saen da roseta basal de follas e presentan unha densa floración con flores pequenas nas que o tres sépalos, de cor verdosa con nerviacións centrais marróns, están unidos polos bordos cunha quinta parte separada polos extremos, formando unha especie de casco que cobre a columna. Debaixo deste casco sobresae o labelo ,unhas tres veces máis longo que os sépalos, estreito e cunha indentación profunda que lle dá aspecto dunha lingua viperina, ten unha cor do terzo inferior púrpura escura e o resto cara ao interior verde, de ambos os laterais, sobresáenlle dous esporóns da mesma cor purpurea. Florece dende abril até xuño. A cor pode variar desde branca a verdosa e alaranxada.
Distribución e hábitat Rexión mediterránea e oeste de Europa; polo norte alcanza os Países Baixos e centro de Inglaterra. Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra. Habita en ladeiras, noiros e escarpes, en chans soltos, pedregosos, secos e escasamente desenvolvidos, con frecuencia cubertos dun tapiz de briófitos e Selaginella denticulata. En España no parque natural da Serra de Grazalema vive en claros de matogueira, frecuentemente de Phlomis purpurea e Cistus albidus; resgardado baixo Ulex baeticus ou outras matas espiñentas cando o pastoreo é intenso. Pode crecer en matogueiras degradadas de tipo tomillar. Ás veces acompañado de Orchis italica e Neotinea maculata. As pequenas flores, que carecen de esporón, pero producen néctar que se acumula nunha depresión situada na base do labelo, son polinizadas por abellas dos xéneros Eucera e Andrena.
Taxonomía Orchis anthropophora foi descrita por (L.) All. e publicada en Flora Pedemontana 2: 148. 1785.
Etimoloxía
Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις orchis, que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra orchis usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro De historia plantarum (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.
anthropophora: epíteto latíno que fai alusión a que a forma do labelo é parecida á dun ser humano.
Sinonimia
Aceras anthropomorpha (Pers.) Steud. 1840 Aceras anthropophorum (L.) Sm. 1818 Arachnites anthropophora F.W.Schmidt 1793 Loroglossum anthropophorum (L.) Rich. 1818 Loroglossum brachyglotte Rich. 1818 Ophrys anthropophora L. 1753 Orchis anthropophora All. 1785 Satyrium anthropomorpha Pers. 1807 Satyrium anthropophora Pers. 1807 Serapias anthropophora (L.) J. Jundz. 1791 Aceras anthropomorphum (Willd.) Sm. in Rees Himantoglossum anthropophorum (L.) Spreng. Ophrys anthropomorpha Willd.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Polinización en orquídeas Historia da Botánica Características das orchidáceas
Bibliografía Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. London: Cassel Publishers Ltd., 1991. Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. New York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993. White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. New York: Houghton-Mifflin, 1996. The Illustrated Encyclopedia of Orchids by Alec Pridgeon. Published by the Timber Press. The Manual Of Cultivated Orchid Species By Bechtel, Cribb and Launert, Published by The MIT Press.
Ligazóns externas Orchis anthropophora en Granada, Spain
Categoría:Plantas descritas en 1785 Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Orchis Categoría:Orquídeas de Galicia