Sibiu (en alemán Hermannstadt, en húngaro Nagyszeben) é a capital da Provincia de Sibiu, Romanía. É o centro cultural dos saxóns da Transilvania e comparte un vínculo moi estreito e forte coa cidade de Braşov.

Na actualidade, máis do 95% dos habitantes son romaneses, os húngaros e os alemáns son dúas importantes minorías. O actual alcalde da cidade, Klaus Johannis, que foi elixido no 2004 cun 88,7% dos votos, é de orixe xermana.

Sibiu posúe un importante centro histórico medieval moi interesante e ben conservado, declarado no 2004 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A cidade posúe un aeroporto internacional (co código IATA SBZ), con conexións diarias a Bucarest, Italia e Alemaña.

No ano 2007 Sibiu foi xunto con Luxemburgo a Capital Europea da cultura, feito polo cal a cidade foi escenario de importantes mostras culturais de diversos tipos.

miniatura|dereita|300px|Cidade medieval de Sibiu.

Cidades irmás Bauru, Brasil. Klagenfurt, Austria. Landshut, Alemaña. Malinas, Bélxica. Marburg, Alemaña. Rennes, Francia. Takayama, Xapón. Valencia, Venezuela Wirall, Reino Unido.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Sibiu

Categoría:Cidades de Romanía Categoría:Capitais europeas da cultura Categoría:Cidades Patrimonio da Humanidade