Santa Rosa de Viterbo, nada en Viterbo (Italia) en 1234 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 1252, foi unha santa e virxe pertencente á Terceira orde de San Francisco.

Morte e canonización A súa morte tivo lugar á idade de 18 anos en 1252. O seu corpo foi colocado sen féretro debaixo do pavimento da Igrexa de Santa María do Poggio. Inocencio IV iniciou o proceso de canonización, que se interrompeu coa morte do papa en 1254.

En 1258 Alexandre IV, tras unha serie de visións da santa, mandou desenterrar o cadáver, que se atopou incorrupto, e trasladalo ao mosteiro de Santa María das Rosas. Isto fíxose solemnemente cunha procesión presidida por Alexandre IV e catro cardeais o 20 de setembro, por iso se venera neste día.

En 1357 quedou reducida a cinzas a capela que gardaba as súas reliquias, e queimouse a caixa que as contiña; o corpo só cambiou de cor.EL MUNDO | Suplemento de Salud 330 - ANTROPOLOGIA La peculiar anatomía de santa Rosa de Viterbo

Nicolao V ordenou ao consello da cidade de Viterbo que na procesión da Candeloria se levasen tres cirios de cera branca, na súa lembranza.

Calisto III recoñeceu o seu culto inscribíndoa no Martiroloxio Romano.

Represéntase cun crucifixo en man, predicando ou na fogueira. Algunhas veces tamén adoita estar recibindo a sacra comuñón e vendo en soños os instrumentos da paixón de Xesucristo.

Notas

Véxase tamén

Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Rosa de Viterbo

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Nados en Viterbo Categoría:Nados en 1234 Categoría:Finados en 1252