Acisclo é un nome propio masculino galego e castelán. Provén da palabra latina acisculus (martelo de pedreiro) que se converteu nun alcume utilizado polos canteiros. Foi unha vez popular en Hispania por levar ese nome un dos santos máis antigos da Península Ibérica, Acisclo de Córdoba.

En xaneiro de 2023 existían 6 varóns en Galicia co nome Acisclo, cunha media de idade de 66,6 anos.Acisclo na Web do Instituto Galego de Estatística

Outras linguas Castelán: Acisclo Catalán: Iscle / Aciscle Italiano: Aciscolo

Personaxes Acisclo Manzano, escultor galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos casteláns