Pau Resta Tell, nado en La Tallada d'Empordà, Xirona, o 14 de novembro de 2000 é un futbolista español que xoga como defensa central no Sabadell, da Primeira División RFEF.
Carreira Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Girona e na tempada 2019/20 debutou co filial do club, o Girona B, na Primeira Catalá, xogando varios partidos e participando do ascenso do equipo á Terceira División,. Na seguinte campaña contribuíu con 17 partidos e 3 goles ao segundo posto do filial, que quedou ás portas de conseguir un segundo ascenso consecutivo.
Con só 18 anos realizou a pretempada co primeiro equipo do Girona ás ordes de Juan Carlos Unzué, sendo convocado polo primeiro equipo en tres partidos.
Na tempada 2021/22 fichou polo Albacete Balompié para xogar co seu filial, o Atlético Albacete, na Terceira División RFEF. Disputou 24 partidos co filial e foi convocado de xeito habitual polo primeiro equipo, dirixido polo coruñés Rubén de la Barrera. Debutou co Albacete nun partido da Copa do Rei contra o Cádiz, tres días antes de realizar a súa estrea tamén na Primeira División RFEF, ante o Algeciras.
O 1 de setembro de 2022 asinou como novo xogador do Sabadell, de Primeira RFEF.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Xirona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Albacete Balompié B Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do CE Sabadell