A paisaxe cultural de Sintra é un sitio inscrito en 1995 como Patrimonio da Humanidade da UNESCO localizado no concello de Sintra, en Portugal. O sitio abrangue unha parte da Serra de Sintra e inclúe o centro histórico da vila.
No século XIX, Sintra converteuse no primeiro centro da arquitectura romántica de Europa. O rei Fernando II transformou un mosteiro en ruínas nun palacio, onde a nova sensibilidade está á vista, no uso de elementos arquitectónicos de diversos estilos, gótico, exipcio, mourisco e renacentista. Entre os monumentos históricos localizados na Serra de Sintra salientan: o Castelo dos Mouros, o Palacio Nacional da Pena, o Convento Capuchino, o Palacio Nacional de Sintra, o Palacio de Monserrate e a Quinta da Regaleira.
Outras localizacións próximas a Sintra ofrecen combinacións únicas de parques e xardíns que tiveron grande influencia na arquitectura paisaxista europea. O monte onde se sitúan todos os monumentos foi reforestado no século XIX con especies de árbores tanto locais como exóticas doutros países, dando lugar a unha contorna natural singular. A serra, ademais, está integrada no Parque Natural de Sintra-Cascais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Paisaxe cultural de Sintra en Unesco.org
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Portugal