Matilda é unha novela infantil de 1988 escrita por Roald Dahl. Publicouse orixinalmente pola editorial Jonathan Cape. A protagonista da historia, Matilda Wormwood, é unha nena brillante que é descoidada e maltratada polos seus pais e desenvolve habilidades psicocinéticas para tratar coa Miss Trunchbull, a desapiadada e cruel directora da escola Crunchem Hall.
O libro foi adaptado en varios medios, incluíndo unha lectura de son por parte da actriz Kate Winslet; unha longametraxe de 1996 Matilda dirixida por Danny DeVito; un programa de dúas partes de BBC Radio 4; e un musical Matilda the Musical de 2010–2011 que se presentou no West End de Londres, Broadway en Nova York e en todo o mundo. En 2022 estreouse unha adaptación cinematográfica do musical, Matilda.
Editouse en galego en Xuvenil Alfaguara en 1990, con tradución de Xosé Miguel Barros Taboada. Reeditouse por Oqueleo en 2017 con tradución de Barros Taboada.Ficha do libro.
Notas
Categoría:Obras literarias de 1988 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego