O limodoro pálido, Limodorum trabutianum,Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións Batt. , 1886 é unha planta pertencente á familia Orchidaceae.

O epíteto específico está dedicado ao botánico francés Lous-Charles Trabut (1853-1928).

Descrición É unha planta completamente semellante a Limodorum abortivum, da que se distingue polos seguintes caracteres morfolóxicos: inflorescencia de espiga máis densa con 10-20 flores parcialmente abertas e lixeiramente perfumadas, pétalos e sépalos máis voltados cara arriba; esporón curto, sacular, de 2-3 mm de longo ou simplemente incompleto ou completamente ausente; labelo nastriforme en vez de forma triangular; xinostemio máis grande.

Florece desde principios de maio ata principios de xuño.

Distribución e hábitat Ten unha distribución estenomediterránea, centro-occidental.

Crece en solos preferentemente calcarios, en bosques abertos de caducifolios e coníferas, claros, arbustos, de 100 a 900 m sobre o nivel do mar.

Reprodución É unha especie con produción de semente exclusivamente por autogamia . Incluso nesta entidade, a autopolinización pode producirse mesmo sen a apertura das flores ( cleistogamia ) . .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Gruppo italiano per la ricerca sulle orchidee spontanee (GIROS), Orchidee d'Italia. Guida alle orchidee spontanee, Cornaredo (MI), Il Castello, 2009, ISBN 978-88-8039-891-2.

Ligazóns externas Limodorum trabutianum GIROS, Gruppo Italiano Ricerca Orchidee Spontanee.

Categoría:Orquídeas de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes